Friday 10 de May de 2024

O ximnasio municipal de Padrón amplía o seu horario


 

Os usuarios poderán acceder os martes e xoves entre as 8:00 e as 22:45 horas, e para facelo deberán rexistrar a súa pegada dixital

O horario do ximnasio e da piscina municipal do Concello de Padrón ampliase nas horas centrais do día para atender as necesidades de todos os veciños da vila. Dende o 2 de xaneiro as instalacións deportivas permanecen abertas dende as 8:00 ás 22:445 horas, de forma ininterrompida nas xornadas dos martes e dos xoves.

Esta mañá o alcalde, Antonio Angueira, e o concelleiro delegado de Deportes, Ángel Rodríguez, visitaron as instalacións para coñecer de primeira man as impresións de usuarios e traballadores do centro. E a conclusión é moi positiva, xa que todos eles están moi satisfeitos con esta ampliación.

Asimesmo, co inicio do ano estreouse a pegada dixital, un sistema actualizado para acceder a estas instalacións deportivas. De feito, os usuarios que asistan ao ximnasio entres as 13:00 e as 16:45 horas os martes e xoves deben rexistrar a pegada dixital previamente, xa que a recepción permanecerá pechada durante ese horario e non se poderá, por tanto, adquirir entradas por libre ou realizar xestións.